Fouce.net la página web de Héctor Fouce
Regresar a la página principal
Docencia Cursos
Xogar cos medios, descubri-la realidade
Présaras, A Coruña, decembro 2000
Presentación
Un dos rasgos básicos da persoa que queremos educar no escultismo é a capacidade de facer crítica constructiva e o compromiso de cambia-las cousas que non lle gustan. Ámbalas duas cousas exixen coñece-la realidade que nos rodea, e hoxe este coñecemento chega, en boa medida, polos medios de comunicación. Por iso temos que esforzarnos en incluir nos nosos programas a reflexión sobre as mensaxes que nos chegan dende os medios, incluindo a publicidade, o cine, a televisión, as imaxes...
Obxectivos
· Conciencia-los scouters da importancia de incluir actividades sobre os medios de comunicación nos seus programas
· Inicia-los scouters nas ideas básicas da educación en medios de comunicación
· Aportar ideas e recursos para preparar actividades neste ámbito
Algunhas razóns para traballar sobre os medios
· Todos, pero en especial os rapaces, consumimos medios de comunicación en abundancia
· Os medios teñen unha influencia crecente á hora de concienciar á sociedade
· Os medios poden manipular e fabricar información con facilidade
· Os procesos democráticos están mediatizados pola acción dos medios
· A comunicación estase a convertir nun tema vital en tódalas áreas
· Os medios están en manos privadas con intereses privados
· Os rapaces necesitan exercita-la súa capacidade crítica
Ideas básicas para empezar
Unha foto de un cabalo non é un cabalo. É unha representación dun cabalo. Tamén recoñecemos como un cabalo algunha das imaxes do Gernika de Picasso, aínda que é totalmente diferente. Pero en ambos casos entre nós e a realidade están actuando sistemas de signos que temos que ser capaces de descifrar para chegar a conectalos. Os medios non mostran a realidade, a representan. É decir, elixen un sistema de signos de entre varios en función do público que esperan e do punto de vista que queren transmitir. Por eso dise que os medios construen a realidade.
Os medios non son ventás abertas o mundo aínda que pretendan mostrarse como tales. O seu éxito depende de que sexan capaces de convencer os públicos de que a súa mensaxe é natural, real, verdadeira e universal cando en realidade é unha mensaxe selectiva e cargada de valores que se relacionan con intereses particulares, ideoloxías e formas de entende-lo mundo. Xa que os medios son construccións, o traballo crítico con eles ven de catro áreas :
· fontes, orixes, e factores determinantes das construccións
· técnicas e códigos empregados polos medios para convencernos de que ofrecebn realidades e non representacións
· os valores que están detrás das representacións dos medios
· cómo as audiencias leen e reciben as construccións dos medios
ACTIVIDADE 1 : A REPORTAXE
Obxectivos :
· comprender que a selección e contextualización das imaxes condiciona o seu significado
· entender o papel dos estereotipos e prexuicios á hora de leer as mensaxes dos medios
Material :
· Fotos e titulares que podan relacionarse dalgunha maneira
· Tixeiras, pegamento e cartulinas
Desenrolo :
Dividir os participantes en equipos de entre 3 e 5 persoas, dependendo do tamaño do grupo e da cantidade de fotos que teñamos. Pedirlles que seleccionen un tema de entre os titulares e busquen cinco fotos para facer unha reportaxe. Nunha cartulina teñen que pega-lo título e as fotos e escribir un texto que as relacione. Unha vez rematado, cada grupo presenta a súa reportaxe e o grupo discute os resultados.
Observacións :
O papel do animador é fundamental para o éxito da actividade. Ten que animar o debate plantexando problemas constantes : Por qué esas fotos e non outras, por qué cada grupo ten esa imaxe do tema escollido, de dónde lle chega a información (da experiencia propia ou dos medios), ata qué punto os nosos estereotipos, a nosa posición social, os nosos valores, nos influen á hora de mostrar un tema dunha ou outra forma...
ACTIVIDADE 2 : PRIMEIRA PÁXINA
Obxectivos :
· Dar unha idea dos procesos de selección das noticias que teñen lugar nunha redacción e da súa carga valorativa
Materiais :
· Selección de fotos e titulares, as mesmas para cada un dos equipos
· Tixeiras, papel, un DIN A3 por equipo
Desenrolo :
Previamente, mercar tantos periódicos como equipos teñamos pensado facer. Recortar as mesmas fotos e titulares para cada equipo e agrupalas por seccións (nacional, internacional, sucesos, deportes...) Preparar tamén a cabeceira e un bloque de publicidade.
Repartir os participantes por equipos e dividir cada un deles en tres. Cada equipo será a redacción dun medio e as divisións son as distintas seccións. Durante os primeiros cinco minutos, cada sección ten que decidir que noticia , con ou sin foto, quere levar aá primeira páxina. O segundo paso é a reunión de toda a redacción para decidir como organiza-la portada, colocando tamén nela a cabeceitra e a publicidade. Aquí poden cortar as fotos e manipula-los titulares. Comparar logo os resultados de cada equipo e discutir os procesos de selección.
Observacións :
É moi importante que os tempos se respeten, así que o animador ten que presionar os equipos canto poida. O longo de debate pode ir apuntando nunha pizarra as ideas que xurdan para logo pecha-la actividade destacando as máis importantes, sempre referidas a experiencia concreta dos equipos en comparación cunha redacción. Estas son algúns dos conceptos que é importante sinalar :
RUTINAS PROFESIONAIS
· competencia entre seccións
· ubicación das noticias : par-impar, prime-time...
· tratamento : columnas, fotos, titulares...
· horas de peche ou de emisión, falta de tempo...
INFLUENCIAS EXTERNAS
· os valores dos periodistas que fan a selección
· a ideoloxía e intereses dos propietarios
· a existencia de censura ou de leis e normas que podan levar á autocensura
· a audiencia a que vai dirixida a mensaxe : número, nivel cultural...
· influencia da publicidade, tanto no espacio dispoñible como nos contidos
· costes de producción e calidade das fontes : uso de axencias, enviados especiais, corresponsais...
A dinámica pode complicarse máis segundo o tempo dispoñible e a capacidade do grupo : podemos explicar a cada grupo os intereses do dono do periódico, ter un enviado especial que manda material, pode chegar unaha gran noticia a última hora...
Para saber máis :
· Masterman, Len : (1990) La enseñanza de los medios de comunicación. Ediciones de la Torre. Madrid
· Tyner, Kathleen : (1990) Aprender con los medios de comunicación. Ediciones de la Torre. Madrid
O libro de Masterman é unha introducción os medios para profesores. Esta moi ben explicado e, aínda que é sobre todo un libro de teoría, fala bastante de actividades que el mismo realizou. Contén tamén unha bibliografía comentada para os que queran meterse a fondo. O libro de Tyner, tamén para profesores, está baseado en propostas de actividades para realizar con rapaces.